A rede museística de Allariz, composta polo Museo do Coiro, Museo da Moda e Museo Galego do Xoguete, pecha durante un mes por vacacións e para  acometer, como é habitual nestas datas, labores de acondicionamento.

O peche comezaba o 7 de xaneiro, e rematará o 7 de febreiro cando os museos voltarán a abrir as súas portas co seguinte horario: venres de 17:00h a 19:00h e sábados, domingos e festivos de 11:00h a 14:00h e de 17:00h a 19:00h.