En varios núcleos de poboación de Allariz estanse a acometer cambios na rede de alumeado municipal. Os cambios comezaban xa no exercicio de 2020 nunha primeira fase, e continuaron tanto 2021 como 2022. Neste momento estase a acometer as actuacións previstas para 2023, adxudicadas fai uns meses.

As zonas que verán mellorada a súa rede pública de alumeado serán Queiroas da Igrexa, Coira, Guede, Roiriz, Vilar de Flores, Guimarás e Vilaboa. Co cambio das luminarias destes núcleos, achegarase preto das 2000 luminarias cambiadas no concello nas últimas actuacións.

Todo este proceso conseguirá que o consumo eléctrico nas zonas con sistema led, se reduza nunha media do 50%, sendo incluso maior dependendo da zona. Cristina Cid, confía que a redución do consumo nas zonas renovadas supere ese 50%, xa que nas zonas nas que xa se fixo o cambio no exercicio anterior, verificouse esa redución.

Dende o consistorio municipal explicaron que o financiamento do proxecto contou coa colaboración da Deputación Provincial de Ourense. Así mesmo, dende dependencias municipais, comunicaban a veciñanza que nalgún momento puntual se podería interromper o transito con motivo destas actuacións.