Hoxe comezan os roteiros teatralizados polo casco histórico de Allariz.

Esta actividade que conta coa súa terceira edición, permitirá a veciños, veciñas e visitantes, coñecer a historia e os personaxes de Allariz dende a Idade Media ate mediados do século XX.

Cristina Cid, Alcaldesa de Allariz destacou a importancia que ten esta actividade, feita, coordinada e desenvolvida por persoas de Allariz e agradeceu o esforzo aos membros da Asociación Alonso de Paredes que cada xoves realizarán escenas diferentes.

Cada xoves pola noite ate o 6 de setembro a cita será no alto do Portelo, lugar onde se iniciará o percorrido teatralizado, que este ano contempla abordar os oficios tradicionais, figuras da vida alaricana como o Padre Feixoo e a posta en escena dunha feira. Tradicional.