O Concello de Allariz celebra a cuarta edición do Allariz de Medo, coincidindo coa festividade de Samaín, recuperada da antiga tradición celta.

Meigas, ánimas, trasgos e seres do máis alá protagonizarán o Allariz de Medo que terá lugar entre o 31 de outubro e o 3 de novembro centrado na animación e ambientación das rúas do casco histórico.

As rúas de Allariz servirán de escenario, a noite do 31 de outubro a partir das 20:30h, para a procesión de ánimas, teatralizada por Silvardeiras Teatro de Allariz, que comezará na Praza Maior e rematará, na Praza de Abaixo, coa celebración dun ritual celta apto para todos os públicos.

A cultura galega estará ademais, presente na ambientación das rúas do casco histórico de Allariz que se converterá nunha pasaxe de medo os catro días.