Allariz celebra unha nova edición das Festas Etnográficas, na que os veciños e veciñas de Queiroás da Igrexa e Seoane, recrean ao longo do verán, as labores relacionadas coa elaboración do pan de xeito tradicional.

As festas darán comezo, esta fin de semana, coa representación, en Queiroás da Igrexa, da tradicional seitura, onde se recrea como era unha xornada de traballo no campo onde homes e mulleres compartían as tarefas cun fin común.

En Queiroás tamén se representará a malla no vindeiro mes de agosto. O ciclo continúa no Muíño do Burato para realizar a moenda e por último, á Torre de Seoane, onde ten lugar a fornada. Aquí sairá o pan acabado de cocer ao estilo tradicional e cen por cen de Allariz.