O Concello de Allariz ven de levar a cabo a mellora do parque infantil na rúa 25 de xullo, coa instalación dun bambán adaptado, co obxectivo de que todos os nenos e nenas teñan as mesmas oportunidades.  Esta actuación contou cun orzamento de 1.000€ que inclúe a mellora da accesibilidade do parque coa instalación dunha rampa de acceso.