O pleno da corporación municipal reunirase, mañá 26 de xaneiro a partir das 20:00h, en sesión ordinaria para dar contra, entre outros, da sentencia ditada polo Xulgado Contencioso Administrativo 1 de Ourense en materia de responsabilidade patrimonial da administración por lesións ocasionadas con motivo da Festa do Boi 2015, e da proposta de adxudicación de tres parcelas ubicadas no polígono de Chorente.

Ademais os tres grupos políticos presentarán sendas mocións. O BNG para o mantemento das áreas sanitarias; o PP para apoiar e defender a prisión permanente revisable; e o PSdeG –PSOE sobre a probación dunha ordenanza de emerxencia social e sobre a recollida de vidro porta a porta para o sector hostaleiro alaricano.

Para rematar haberá quenda de rogos e preguntas.