O pleno da corporación municipal reúnese, en sesión ordinaria, o venres 1 de decembro  a partir das 20:00h.

A orde do día contempla a aprobación do expediente de modificación de créditos por transferencias entre partidas de distintos capítulos referente ao orzamento xeral do 2017, así como a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).

Ademais os distintos grupos presentarán sendas mocións. O BNG e o PsdeG- PSOE exporán as súas propostas sobre o día internacional contra a violencia de xénero. O PP explicará dúas mocións sobre a elaboración dun plan de soterramento das instalacións aéreas no casco histórico de Allariz e sobre a reforma da antiga casa da radio de Allariz para dotar á Banda “Unión Musical Allariz” dun espazo acorde ás súas necesidades. O grupo socialista aportará a súa proposta sobre a revitalización do comercio local de Allariz.

Para rematar haberá quenda de rogos e preguntas.