O pleno da corporación municipal reunirase o venres, 23 de febreiro, a partir das 20:00h para celebrar sesión ordinaria.

Esta sesión comezará cun recoñecemento institucional á figura de Luis Cid Pérez “Carriega”, recoñecido deportista alaricano recentemente falecido.

Durante a sesión está prevista unha nova convocatoria para a venda de tres parcelas no parque empresarial de Chorente, a contratación dun vehículo para a recollida de residuos e o novo regulamento de depósito, custodia e devolución dos obxectos perdidos.

Ademais, o pleno debaterá diferentes mocións relativas ao 8 de marzo, día internacional da muller e unha petición socialista en apoio ás funcionarios de xustiza de Galicia.

Para rematar o pleno abrirá quenda de rogos e preguntas.