O pleno da corporación municipal reúnese, en sesión ordinaria, o venres 27 de outubro  a partir das 20:00h.

A orde do día contempla as modificacións da ordenanza reguladora do cadro de tarifas de auga e saneamento 2018 así como varias mocións presentadas polos tres grupos políticos. O BNG exporá a súa moción contra os lumes forestais e polo desenvolvemento rural; o grupo popular falará en relación a vaga de lumes que sufriu Galicia e apoiará as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. E, para rematar, o PSdeG-PSOE, que tamén exporá os seus argumentos sobre a vaga de lumes que ven de asolar Galicia, debaterá sobre a progresiva retirada de amianto nas edificacións e infraestruturas.

Por último o pleno admitirá quenda de rogos e preguntas.