O pleno da corporación municipal reúnese este venres, día 28, para celebrar a sesión ordinaria correspondente ao mes de abril.

A partir das 13:30h, o pleno debaterá, entre outros, a adhesión ás medidas de ampliación do período de carencia e amortización dos préstamos formalizados co Fondo para a Financiación dos Pagos a Proveedores aprobadas pola Comisión Delegada do Goberno para Asuntos Económicos.

Ademais, o pleno aprobará, se procede, a conta anual do exercicio 2016 correspondente ás empresas municipais Reatur, SA e Medioambiental Alaricana, SL. Procederase, sobre esta última empresa, á aprobación da disolución da sociedade por cese no exercicio da actividade e, así, a apertura do proceso de liquidación da mesma.

Para rematar haberá quenda de rogos e preguntas.