O Concello de Allariz acolleu esta mañá a presentación do Orzamento Municipal para o vindeiro ano 2020, que será debatido en Pleno o día 26 de novembro.

Este orzamento, que ascende a 6.353.862 euros, está realizado con criterios de prudencia e rigor, tendo en conta o resultado da Conta Xeral do exercicio 2018 e o estado de execución do ano en curso.

No que ten que ver coa calidade de vida, estes orzamentos permitirán manter os innumerables equipamentos e servizos cos que Allariz conta, e que van máis alá incluso, do que por competencias é obrigado manter.

No que ten que ver con Política Social, aínda que agora case todas as competencias son da Xunta de Galicia, o Concello manterá a maiores dos Servizos Sociais Básicos, os programas de envellecemento activo,  de terapia ocupacional, acompañamento ás persoas maiores de todo o termo municipal, etc. Por suposto, programas importantes como o de Axuda a Domicilio ou Xantar sobre Rodas están contemplados tamén no orzamento.

Un apartado especial merecen as políticas de igualdade, nas que o Concello de Allariz é pioneiro. O traballo cos Centros de Ensino, nomeadamente do IES, ten permitido chegar á poboación máis nova, apostando desta forma polo futuro. Neste contexto enmárcase o convenio asinado co INCISEX, que permitirá ao longo de 2020 levar a cabo un traballo coa poboación baixo a perspectiva sexolóxica, é dicir do entendemento entre sexos.

Merecerá especial atención o mantemento de servizos destinados á poboación en xeral, e que conforman ese capital social básico tan importante para seguir ganando poboación e calidade de vida: Piscina Climatizada, Cidade Deportiva do Seixo, Pavillón Municipal, Escola Infantil, Transporte Municipal, Escolas Deportivas e Culturais, programación festiva e de ocio, Casa de Cultura, Casa da Mocidade, Fogar dos Maiores,  son bos exemplos desta política. Está prevista tamén a mellora dos espazos destinados á Banda de Musica Unión Musical de Allariz, por un importe de 30.000 euros.

No que ten que ver co equipamento deportivo, está prevista a reforma das duchas dos antigos vestiarios do pavillón municipal. A existencia de 17 equipos de baloncesto fai necesario habilitar os antigos vestiarios para dar solución ás necesidades existentes.

No que ten que ver coa mellora de infraestruturas básicas, este orzamento contempla disposición orzamentarias para a cometer un plan de asfaltado por importe de 200.000 euros.

En relación á mellora do alumeado público, que permitirá a paulatina eliminación as luminarias de vapor de sodio por lámpadas led, e mellorar así a eficiencia enerxética e a redución do gasto nesta materia, está prevista unha inversión de máis de 370.000 euros, dos que o 80% se corresponden cunha subvención do IDAE para esta finalidade. Existe outra partida de 50.000 euros, para o cambio de luminarias e calefacción en equipamentos municipais.

Dentro das actuacións ambientais, hai que destacar os excelentes resultados acadados polo Programa RE.  Allariz, está porriba da media no que ten que ver coa recollida das fraccións de plásticos, papel e cartón, así como materia orgánica. O éxito descrito, obrigará no exercicio 2020 a reestruturar, reordenar e  ampliar  as  illas de compostaxe existentes.

Dentro das actuación de dinamización económica, xogará un papel fundamental o Festival Internacional de Xardíns, que suma cada ano máis de 35.000 visitas, o que o converte nun referente en canto a paisaxismo e xardinería.

Pero si o Festival Internacional de Xardíns é importante, no resulta menos salientable  a contribución que o calendario de eventos,  que dende o Concello se executa cada ano, para a dinamización económica do noso comercio e hostalería, pero tamén para o goce dos nosos veciños e veciñas.

Os máis recentes, Samaín e Nadal, únense a unha longa lista de eventos culturais, económicos, deportivos, que atraen miles de visitantes.

No que ten que ver coas xacementos arqueolóxicos de Armea, o Concello de Allariz e a Universidade asinaron un novo convenio que permitirá dar continuidade ás excavacións que se realizan. A pesar da importancia do xacemento, nin Xunta de Galicia, nen Deputación Provincial, teñen cumprido os seus compromisos en canto a colaboración financeira. Sen embargo, aspiramos, a que  por fin poda  efectivizarse ese compromiso no 2020.

O apoio municipal ao sector primario ten sido decisivo para que hoxe contemos con  empresas adicadas á gandería, á agricultura ou á elaboración de produción artesanal e ecolóxica dentro dun proxecto de economía circular. Este non é só o camiño para valorizar o medio rural, senón tamén o mellor antídoto contra os incendios forestais.

Dentro da área de Promoción Económica, manteremos as bonificacións no ICIO para a ubicación de novas empresas no Parque Empresarial de Chorente, traballaremos activamente para a posta en marcha de novas iniciativas empresarias no mesmo, a través da venda de parcelas ou do aluguer con dereito a compra. No tocante ás melloras, está prevista a solicitude dentro da liñas de subvención para Parques Empresariales, da mellora da capa de rodadura nos viais secundarios, unha vez que no 2019 foi realizado o asfaltado do vial principal.

En resumo, un orzamento pensado para que Allariz continúe na senda de crecemento no social e económico, en definitiva para que as persoas teñan maior calidade de vida, maior benestar e posibilidades para asentar o seu proxecto de vida no municipio.