A Casa da Mocidade do Concello de Allariz presenta a programación de Outono para mozos e mozas.
As actividades programadas para este Outono irán do 1 de outubro ao 17 de decembro, obradoiros para todos os gustos,rutas astronómicas e de sendeirismo, música e percusión, pintura, micoloxía, campionatos de ping pong e escape room, compoñen a programación desta tempada.
Todas as actividades están abertas ao público de todas as idades, con preferencia no caso de límite de prazas, á mocidade de 13 a 33 anos. A inscrición e información sobre as actividades será a través do correo mocidade@allariz.gal.
Por outra banda segue aberto o prazo de matricula nos cursos de batucada adulta e infantil, guitarra e batería.
O Concelleiro de Mocidade Iago Santás , ” Espera que a programación cubra os intereses e necesidades da nosa mocidade e que haxa unha participación importante, xuntando aos mozas/os en actividades nas que podan compartir momentos de ocio e lecer “