O Concello De Allariz busca persoas artistas ou estudantes de artes interesados en formular unha proposta artística para crear un mural dentro do proxecto de limpeza e amabilidade urbana da contorna da Estación de autobuses de Allariz.

O obxectivo do concurso é seleccionar, un proxecto artístico que ofreza unha resposta imaxinativa para a creación dun mural baixo a temática da “Diversidade”.

O prazo para o envío de propostas será do 17 ao 3 de maio ao correo participa@allariz.gal

Para participar deberas xuntar no correo os datos persoais, dirección, correo electrónico e teléfono contacto xunto cunha breve descrición do proxecto que queres presentar. 

O fallo do xurado darase a coñecer o 5 de maio. A persoa elexida recibirá 600€ como premio e será a encargada de realizar o mural, sendo o Concello que corra cos gastos de material para a realización do mesmo. Para máis información podes consultar as bases neste enlace BASES PARTICIPACIÓN