Co obxectivo de mellorar a accesibilidade e a seguridade do espazo urbano, o Concello de Allariz, acometeu o proxecto de renovación das beirarrúas na urbanización San Benito, unha actuación que pretende transformar a mobilidade na zona. Esta intervención busca humanizar o entorno, mellorar o tránsito peonil e ordenar a circulación dos vehículos, co fin de solucionar os problemas de estacionamento e facilitar o acceso ás vivendas.
As beirarrúas, atopabanse en mal estado e tiñan un tamaño reducido, con esta actuación foron ampliadas e reformadas para garantir un espazo máis amplo e cómodo para os peóns.
O Concello de Allariz dá un paso máis na mellora do seu espazo urbano, apostando por un entorno máis accesible, ordenado e adaptado ás necesidades actuais da veciñanza.
A esta acción sumase outra de embelecemento da zona cun mural de Yoseba Muruzábal , vinculado ao patrimonio cultural inmaterial , acomentendo de forma integral unha mellora deste espazo alaricano.
O financiamento desta primeira acción realizouse con cargo ao plan de cooperación da Deputación de Ourense (cooperOU) e con fondos propios do Concello de Allariz no caso do mural.