Con motivo da celebración, este mes, do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller, a área de Igualdade achegarase, esta semana, ata o Instituto de Allariz para realizar un obradoiro cos mozos e mozas de Bacharelato, no que reflexionarán sobre o amor e os bos tratos.

Esta actividade “aportará vivencias nas que se pretende esclarecer e sentir o bo trato” explicaba a técnica de Igualdade, Ana Pérez Cardoso.  Ademais, o IES de Allariz participará, o 25 de novembro, coa lectura dun manifesto aportando a súa idea sobre o amor e bos tratos.

O obradoiro terá lugar, en horario de tarde, os días 7 e 14 de novembro.