Con motivo da celebración da edición número 24 da Feira de Outono, un total de 18 establecementos hostaleiros de Allariz servirán, durante a fin de semana, tapas e menús elaborados con produtos de outono. Hamburguesas, saladas, pasta, empanada con cogumelos, e verduras da tempada son só algunhas das propostas da hostelería de Allariz.
Todas aquelas persoas que, dende o 15 ao 16 de novembro, degusten un menú ou tapa de Outono, nalgún dos restaurantes participantes recibirán xunto co seu menú un boleto que, despois de encher cos seus datos, deben depositar nunha urna instalada no pavillón onde se celebra a Feira de Outono. O sorteo dun Xantar de Outono para dúas persoas terá lugar o domingo 17 de novembro ás 14:00h.
Toda a información en http://www.allariz.gal/feiradeoutono/