O pleno da corporación municipal reunirase, o venres 28 de febreiro para celebrar sesión ordinaria.
A partir das 20:00h o pleno comezará coa aprobación., se procede, do borrador da acta da sesión anterior, das resolución adoptadas por alcaldía desde a última sesión e de temas de facenda local.
Ademais os tres grupos presentarán varias mocións. O BNG unha con motivo do 8 de marzo e outra para solicitar á Deputación Provincial a execución dos compromisos adquiridos con Concello de Allariz. O PP leva tres mocións a pleno, a primeira con motivo do 8 de marzo, a segunda para presentar a candidatura de Allariz ao proxecto de Medio Rural de “Aldeas Modelo” e a terceira sobre a débeda pendente. O PsdG- PSOE leva dúas mocións, unha sobre o 8 de marzo e a outra para garantir a igualdade de trato das parellas de feito coas casadas.
Para rematar haberá quenda de rogos e preguntas.