O pleno da corporación municipal reunirase, o vindeiro 30 de abril, para celebrar sesión ordinaria.

A partir das 20:00h o pleno comezará coa declaración de apoio á iniciativa de nomeamento, pola Deputación provincial, de fillo predilecto da provincia a D. Alfredo Conde Cid.

Durante a sesión tamén se levará a cabo o sorteo dos membros que ocuparán as mesas electorais para as elección locais e ao parlamento europeo do 26 de maio e aprobarase, se procede, a adxudicación definitiva da concesión do servizo do restaurante “Fábrica de Vilanova”.

Ademais os tres grupos presentarán sendas mocións; o BNG sobre a posible deslocalización da empresa Unitono Ourense, o PP para paliar o déficit de profesionais, especialmente en atención primaria e o PsdG- PSOE sobre concellos ao servizo das persoas.

Para rematar haberá quenda de rogos e preguntas.