Allariz celebra as festas patronais de San Bieito.

Os actos, organizados pola concellería de cultura do Concello de Allariz, comezarán o venres día 8 e prolongaranse ata o luns 11 de xullo. Máis de 15 actividades conforman a programación de festexos na honra de San Bieito, patrón de Allariz.

Música de rúa, orquestras, desfile de xigantes e cabezudos, agrupacións de música tradicional e baile, concertos da banda de Cúllar e actividades para a cativada, ademais dos actos relixiosos na honra de San Bieito, encherán un ano máis as rúas de Allariz.

A festa rematará, como é tradición, co espectáculo de pirotecnia, ás 00:00h dende o Campo de Vilanova.

» Programa Completo da Festa San Bieito 2022