O pleno da corporación municipal celebra sesión extraordinaria mañá mércores, 12 de xuño ás 13:30h. A orde do día, contempla como único punto, a aprobación da acta correspondente á última sesión celebrada o pasado día 30 de abril.

Esta sesión convócase en cumprimento do regulamento que dispón que o terceiro día anterior ao sinalado pola lexislación electoral para a sesión constitutiva dos Concellos, os concelleiros cesantes, tanto do Pleno como, no seu caso, da Comisión de Goberno, reuniranse en sesión convocada ao só efecto de aprobar a acta da última sesión celebrada.

O pleno de constitución da nova corporación terá lugar o vindeiro sábado día 15 de xuño.