O Festival Internacional de Xardíns de Allariz será o escenario de 3 recitais poéticos durante os meses de verán. Esta iniciativa, promovida dende o Concello de Allariz, pretende achegar á cidadanía este xénero literario nun marco incomparable como é o recinto do Festival, aproveitando que nesta edición o tema  é a poesía.

Os recitais celebraranse os derradeiros domingos dos meses de xuño, xullo e agosto ás 12:30h . O primeiro será o 27 de xuño, o segundo será o 25 de xullo e o derradeiro será o 29 de agosto. A entrada para asistir os recitais será de balde e as prazas ata completar o aforo que estará acoutado dentro do recinto.

Neste mes será a poeta ourensá Chus Pato, unha das voces máis coñecidas e recoñecidas da poesía galega, dentro e fóra do país. Dende 2016 é, ademais, académica numeraria da RAG. A súa poesía foi traducida a diversos idiomas, como o castelán, o catalán, o portugués, o inglés, o búlgaro ou o holandés.

En xullo será o turno de Iago González (Arnuíde, Vilar de Barrio, 1999)  e en agosto para pechar os recitais contaremos ca presenza de Carlos Da Aira (Allariz, nado en Elgoibar, 1972).

O Concello espera que a iniciativa sexa un éxito e que con esta actividade o público poda achegarse a poesía dunha maneira amena e  cercana en pleno  contacto coa natureza.