A OCR de Allariz celebra a súa quinta edición o vindeiro sábado 28 de setembro. Organizada pola Asociación Deportiva e Cultural OCR Allariz en colaboración co Concello de Allariz, a carreira de obstáculos reunirá na vila a centos de deportistas para competir na proba máis antiga de Galicia e que, segundo sinalaba o seu director técnico, Manuel Blanco, “conta coa bagaxe de ter sido asede do último campionato de España de carreiras de obstáculos”..

A carreira desenvólvese no entorno natural de Allariz con diversos obstáculos á beira do río Arnoia e pasando por lugares con encanto como o Castelo a Acearrica ou o Ferradal, entre outros.  O Campo de Vilanova será o punto neurálxico da proba e alí estará ubicada a saída e a meta da proba que inclúe dúas categorías: competitive  para profesionais, circuíto de 10km e 35 obstáculos,  e a popular e equipos, apta para todas as persoas, de 7.5 km e 30 obstáculos.

A inscrición estará aberta ata o día 22 de setembro

A inscrición continúa aberta, ata o domingo 22 de  setembro, e pode formalizarse na dirección web www.championchipnorte.com