A segunda edición do Festival RIR (Festival Internacional de Curtas de Comedia) terá lugar en Allariz do 4 ao 8 de setembro. Cun par de centenas de curtametraxes chegadas dende diferentes países a organización recorda que o prazo de presentación de curtas cómicas a concurso aínda continúa aberto ata o día 30 de xuño.

Allariz converterase de novo no escenario e pantalla dunha selección internacional de curtametraxes de comedia, que irán acompañadas de diversas actividades polas prazas e rúas. Esta edición estará dedicada a outro imprescindible do humor como foi o precursor Buster Keaton, dado o éxito da pasada edición, onde se rendeu homenaxe á figura de Charles Chaplin e que moitos cativos se achegaron a descubrir.

Información en www.festivalrir.com