O Concello de Allariz realizou hoxe, 8 de xaneiro ás 11:00h o sorteo dos premios da campaña O Peto dos Desexos 2024/2025. Esta campaña ven realizándose nos últimos anos cunha ampla participación.

A Concellería de Promoción Económica foi a encargada de repartir os 2 vales de 250€ cada un e outros 5 de 100€ entre os /as clientes/as do comercio e hostalería de Allariz que xuntaron os comprobantes das súas compras de Nadal. Recordamos que as condicións para participar eran facer unha compra mínima de 30€ (podíase xuntar varios comprobantes) e que esa compra se realizara entre o 5 de decembro de 2024 e o 6 de xaneiro de 2025.

As persoas agraciadas co vales son:

Premios de 100 €:

Jose lesta Villar

Irene Varela Barrio

Elena Fernández Blanco

Cristian Noya Mañogil

Mercedes Clemente Siota

Premios de 250 €:

Nieves Clemente Siota

Patricia Soto Álvarez

Tamén se extraeron 7 papeletas de reservas por se algún dos premiados ou premiadas non cumpriran as condicións do sorteo.

As persoas premiadas no Peto dos Desexos de Allariz disporán de todo o mes de xaneiro para gozar dos seus premios no comercio local.

A concelleira de Promoción Económica,María López, amosase satisfeita pola alta participación no sorteo do Peto dos Desexos e quere agradecer as compras no comercio de proximidade, porque mercar en Allariz sempre ten premio.