O Concello de Allariz realizou onte, 8 de xaneiro ás 11:00h o sorteo dos premios da campaña O Peto dos Desexos 2023/2024. Esta campaña ven realizándose nos últimos anos cunha ampla participación.

A Concellería de Promoción Económica foi a encargada de repartir os 2 vales de 250€ cada un e outros 5 de 100€ entre os /as clientes/as do comercio e hostalería de Allariz que xuntaron os comprobantes das súas compras de Nadal. Recordamos que as condicións para participar eran facer unha compra mínima de 30€ (podíase xuntar varios comprobantes) e que esa compra se realizara entre o 1 de decembro de 2023 e o 6 de xaneiro de 2024.

As persoas agraciadas co vales son:

Vales de 250€:

  • Rosa Fernández Quintas
  • Sonia Plácido Rodríguez

Vales de 100€:

  • Irene Varela Barrio
  • Jose Antonio Pereiras Recimil
  • Carla González Taboada
  • Iria Barreiro Costa
  • Iker Revilla

Tamén se extraeron 7 papeletas de reservas por se algún dos premiados ou premiadas non cumpriran as condicións do sorteo.

As persoas premiadas, tanto no Peto dos Desexos de Allariz disporán de todo o mes de xaneiro para gozar dos seus premios no comercio local.

A concelleira de Promoción Económica,María López, amosase satisfeita pola alta participación no sorteo do Peto dos Desexos e quere agradecer as compras no comercio de proximidade, porque mercar en Allariz sempre ten premio.