Allariz acolle, un ano máis, a celebración do curso de extensión universitaria Turismo do viño, da cervexa e da sidra en Galicia, organizado pola Universidade de Vigo na súa oferta formativa de verán.

Co obxectivo de vincular o turismo con sectores de produción artesanal, en auxe na actualidade, a Universidade ofrece este curso, entre o 5 e 13 de setembro para persoas interesadas no coñecemento do proceso produtivo e no seu uso no eido do turismo. Xorde así unha nova oportunidade para o turismo experiencial.

En Allariz terá lugar a xornada de clausura na que as persoas asistentes poderán afondar no turismo da cervexa, visitando as instalacións da marca de cervexa artesá Dama Alaricana, elaborada en Allariz.

Matrícula online ata o 21 de agosto: https://culturxest.uvigo.es/WebCulturaUVigo/actividades/