O Concello de Allariz organiza, xunto co a Universidade de Santiago de Compostela e a Fundación Juana de Vega, un curso de verán que tratará a paisaxe como elemento de narración.

O curso “Paisaxes en Narración” celebrarase durante a última semana de xullo, do 29 ao 31, e terá como principais escenarios prácticos os xacementos de Armea e Santa Mariña de Augas Santas, onde as persoas participantes terán a posibilidade de formular proxectos nos que a paisaxe serva para reactivar a economía local e poñer en valor o territorio.

O obxectivo do curso pasa por rexistrar os elementos que definen os rasgos de identidade dun lugar partindo da análise do territorio, das súas características e do recoñecemento dos significados outorgados pola comunidade a cada espazo.

O prazo de matriculación do curso permanecerá aberto ata o 15 de xullo.

Toda a información en http://allariz.gal/paisaxes/