Un estudo, realizado pola compañía internacional Atrápalo, especializada na venda online de viaxes e experiencias, acredita que Allariz será un dos destinos preferidos durante este ano 2020.

O “estudo de hábitos e tendencias de turismo 2020”, un dos principais estudos sobre os gustos e as preferencias dos/das viaxeiros/as españois no período 2019-2020, conta con dúas partes diferenciadas, unha na que prevé os lugares que serán protagonistas nos vindeiros doce meses e un segundo que permite descubrir os destinos máis vendidos durante o ano 2019, así como as preferencias dos/das turistas á hora de elixir aloxamento. No que se refire ás tendencias turísticas para o 2020, no apartado de escapadas nacionais, Allariz ocupa o terceiro posto na lista dos dez primeiros destinos predilectos para facer unha escapada. Entre estas, localidades recoñecidas este ano como destinos idóneos para unha viaxe curta en territorio nacional de entre unha e tres noites, atópanse as seguintes: Rodellar (Huesca), San José (Almería), Allariz (Galicia), Villa de Valverde (El Hierro), Comillas (Cantabria), Taramundi (Asturias), Guadalupe (Extremadura), Almagro (Ciudad Real), Villafamés (Castellón) y Beget (Gerona).

Máis Info:

https://blogs.atrapalo.com/prensa/2020/01/08/atrapalo-desvela-los-destinos-turisticos-favoritos-de-los-espanoles-en-2020/#.XhxCbMhKgdU