O Concello de Allariz, a través da Área de Benestar Social, ten co Instituto de Sexoloxía – INCISEX, varias actividades para este semana.

O xoves 2 de xullo, de 17:00h ás 20:00h, será impartido un obradoiro para pais e nais de adolescentes que leva por título “Sexualidades e adolescencias”.

A xornada do venres 3 , contará con dous obradoiros. O primeiro está dirixido para pais e nais de nenos e nenas de infantil e primaria. Será de 10:00h ás 13:00h e leva por título “ A mirada cara o/a  neno/a. Este obradoiro busca aportar coñecementos sobre a comunicación entre pais/nais e os fillos/as.

O segundo obradoiro da xornada do venres  será de 16:00h ás 18:00h. Nesta ocasión é unha formación para as Doulas Sororas, como continuación dunha formación realizada no mes de marzo.

Todas estas actividades serán impartidas por Almudena Herranz no Fogar dos Maiores de Allariz.

O día 4 de xullo será a última sesión da formación de monitores/as de educación sexual organizada polo Concello de Allariz en Colaboración con INCISEX. Retómase esta derradeira sesión despois do parón pola crise sanitaria da Covid-19.

A Área de Benestar Social esta xa a traballar tamén  na organización das II Escola de Verán de Sexoloxía. “O coidado dos sexos”  é o lema desta nova edición que está prevista para o mes de setembro, xa que foi recolocada pola situación xerada pola Covid-19.

Foto archivo: presentación da Escola de Verán 2019