O Concello de Allariz pon a disposición da cidadanía unha ampla variedade de actividades deportivas. As instalacións da Piscina municipal albergarán varias actividades para que nenos e nenas e persoas adultas se acheguen a Piscina Municipal para realizar clases de natación para todas as idades e clases de aquaerobic.
Os cursos de natación ofertados van desde idades de 4 anos ata adultos, organizados por quendas en función da idade e en horarios distintos. Para as persoas adultas ofertase dende as instalacións da Piscina Municipal un curso de Aquaerobic.
Tamén se abre o prazo de inscrición para pilates, mantemento, adestramento funcional e ioga con grupos reducidos en distintos horarios e días.
Asimesmo as instalacións municipais modifican o seu horario a partir do 13 de setembro. A instalación abrirá de luns a venres en horario de 07:30h ás 13:00h e de 16:00h ás 22:00. O horario de sábados, domingos e festivos será de mañá de 09:00h ás 14:00h.
Lembramos as persoas usuarias que para facer uso tanto da piscina, coma das salas de musculación e de cardio deberase reservar quenda.
Para máis información ou para facer a inscricións na Piscina Municipal no teléfono 988 442 083 ou no correo piscina@allariz.gal.