Allariz celebra, o sábado de 29 de febreiro e o domingo 1 de marzo, unha nova edición do mercado de oportunidade de  inverno, organizada polo Comercio e Hostalería de Allariz en colaboración co Concello de Allariz.
O pavillón de deportes do IES acolle a dezaoito comerciantes que ofrecerán oportunidades en moda, fogar, complementos, decoración e artesanía, entre outros. Pero ademais este evento incorporará gastronomía, con produtos e tapas para degustar no recinto en horario de mercado.
Os comerciantes liberan o stock de inverno e os visitantes teñen a oportunidade de participar nos sorteos dun  xantar ou dunha cea para dúas persoas no Restaurante Boigorri, unha noite para dúas persoas con almorzó na Casa Rural Vilaboa, unha cea para dúas persoas na Casa Rural de Vilaboa e catro cestas con produtos do comercio. O horario dos sorteos serán o sábado ás 14:00h e ás 20:00h e o domingo ás 14:00h e ás 20:00h. Os sorteos serán presencial.
O mercado da oportunidade, con entrada gratuíta, abrirá de 11:00h a 20:00h ininterrompidamente durante toda a fin de semana.