As xornadas foron presentadas esta mañá no Museo do Coiro de Allariz.

A presentación asistiron Miriam e Ernesto, artesáns no Museo do Coiro de Allariz e organizadores das xornadas. Tamén estiveron presentes o concelleiro de Cultura, Alberto Conde e o técnico de museos Juan Antonio Seara.

Un espazo para a creatividade e a tradición

Este evento ofrece a oportunidade de explorar o fascinante mundo do coiro a través dunha variedade de obradoiros prácticos, exposicións e relatorios con expertos no ámbito da artesanía do coiro. Os participantes poderán aprender sobre técnicas tradicionais e contemporáneas, coñecer novos materiais e ferramentas, así como descubrir as aplicacións artísticas e funcionais do coiro.

Programación destacada

  • Xoves 26 e Venres 27

    • Obradoiro de “Trenzado dun mango” a cargo de Isaac Romero, en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00. Requírese inscrición previa.

  • Venres 27

    • Ás 20:30, en A Paneira, terá lugar a inauguración da exposición colectiva “Coiros Contemporáneos”, que estará aberta ata o 27 de outubro.

  • Sábado 28

    • Obradoiro de Utilización de pequena maquinaria impartido por Lien Deraedt (Tandy Leather), de 10:00 a 14:00.

    • Ás 16:30, Relatorio sobre estoxos e mobles de gardar con revestimento de pel, a cargo de Félix Andrés de la Fuente, Subdirector do Museo das Artes Decorativas de Madrid.

    • Ás 18:00, Prácticas de escritura tradicional con José Antonio Puras.

    • Ás 19:30, Tintados experimentais por Fernando Martínez Sousa.

  • Domingo 29

    • Obradoiro sobre a Aplicación tridimensional do po de coiro por Pepe Pereira, de 10:00 a 13:00.

    • Ás 13:00, Relatorio sobre sandalias de Siria e India e sacos de pastor con Franklin Pereira.

Mercado e Exposición

Durante o sábado 28 e o domingo 29, os asistentes poderán gozar do Mercado de ferramentas e produtos, que estará dispoñible de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00.

Inscricións e máis información

Para participar nos obradoiros é necesario inscribirse con antelación. As persoas interesadas en obter máis información ou inscribirse poden escribir ao correo jornadasdelcueroallariz@gmail.com