A Fundación Ramón González Ferreiro, con sede en Paciños, organiza novos cursos formativos.

A Fundación abre o prazo para inscribirse nas xornadas de poda e enxerto que terán lugar os días 2 e 16 de febreiro, respectivamente. O programa, impartido pola paisaxista Cristina Campos, inclúe parte teórica e práctica sobre tipos de poda, diferentes cortes, despuntes e xeneralidades e tipos de enxerto.

Información e inscricións: Fundación Ramón González Ferreiro – 988 436 182 – info@fundacionrgf.org