O Concello de Allariz, a través da área de Benestar Social, organiza ás I Xornadas para Familias, Con-vivencias acompañando na crianza que se celebrarán en Allariz do 5 ao 15 de maio.

Estas xornadas para Familias xorden como un espazo de encontro entre familias do noso concello, un espazo de con-vivencia, no que compartir coñecementos, experiencias e momentos” nos explicaban Maribel Poisa e Uxía Fernández, a concelleira de Benestar Social e a educadora familiar do Concello de Allariz.

Coincidindo ca celebración do Día Internacional das Familias, o 15 de maio, as I Xornadas para familias organizan unha serie de actividades como obradoiros, contacontos, concerto e relatorios nas que as familias podan acompañar ás crianzas no seu crecemento.

Este ano as xornadas poñen o foco no acompañamento na crianza, que olladas podemos ter cara o mesmo e que cousas hai en xogo, apostando polos saberes compartidos e polos espazos de participación familiar. O apoio e acompañamento das familias, a diversidade de cada unha delas, das crianzas e da crianza é un dos obxectivos principais desta primeira edición.

Maribel Poisa invitaba a todas as familias a participar da programación dos vindeiros días.

Consulta aquí a programación: