O xurado do Festival Internacional de Xardíns de Allariz reuniuse, esta mañá, para seleccionar os 10 xardíns que formarán parte da novena edición do Festival Internacional de Xardíns de Allariz adicado ao Erotismo no Xardín.

O xurado, presidido polo prestixioso paisaxista portugués, Francisco Caldeira Cabral, e composto por Bernardo Varela, Concelleiro de Medio Ambiente, Celestino Feijóo, director técnico do FIXA e os paisaxistas Elsa Severino, Guillermo Cuadrado  (Presidente da Asociación Española de Paisajismo), Teresa Vicente Franqueira e Zoa Martínez da Asociación de Graduados en Paisaxismo xunto con Ignaico Somovilla, do sector do turismo e xormalismo (Bomarzo – Garden Tours) elixiu , esta mañá, 10 xardíns efémeros que ocuparán o recinto de maio a outubro de 2018.

Foron elixidos de entre 42 propostas chegadas dende diferentes lugares da xeografía mundial como Italia, Austria, Portugal ou México e destacando países pioneiros no FIXA, como Perú ou Japón.

O recinto está formado por 12 xardíns. Unha das parcelas estará ocupada polo gañador da pasada edición “La Memoria Olvidada” do italiano Antonio del Buono e outra pola proposta didáctica que elaborará o Colexio Padre Feijóo de Allariz . Todos eles poderán ser visitados dende o día 12 de maio, día previsto para a inauguración, ata finais de outubro do 2018.

Selección FIXA 2018