988 554 059

igualdade@allariz.gal

Ti que es? (03/03/2021)

Imagen Publicación


Escoitamos, lemos: pansexual, asexual, poliamor, anarquía relacional… Cisexual, trans, genderfluid… Homosexual, heterosexual, bisexual… intersexual, endosexual...

 

E ti que? Ti que es? Dinnos.

Defínete! Reclámannos.

 

En ocasións, non é sinxelo entenderse a si mesmo con tanto berro arredor. Poder escoitarse con calma, darse tempo e descubrir quen vou sendo en cada paso do camiño.

 

Dan ganas de colgarse un cartel que poña: “Non molestar, suxeito sexuado en construción”.

 

Esta plataforma pode ser unha fiestra á que asomarse para respirar, un espazo no que gozar do proceso de ir descubríndose.

 


E se queres compaña, non dubides en escribirnos, será un gusto conversar sobre o que desexes.