“O bo trato comeza en nós”. Así se chama o curso de cociña saudable e coidado que organiza a área de Servizos Sociais do Concello de Allariz.

O curso, impartido por Beatriz Angulo, comezará o vindeiro 21 de abril e celebrarase os xoves, no Fogar dos Maiores, en horario de 18:30h a 21:00h.

Información e inscricións

Fogar dos Maiores – (Tlfno) 988 554 059