A concelleira de Benestar Social xunto coa Educadora Familiar do Concello de Allariz presentaron hoxe as II Xornadas para Familias baixo o lema “Con-vivencia(s): Acompañando na Crianza”. Estas xornadas terán lugar do 4 ao 15 de maio, nun traballo conxunto por fortalecer os lazos familiares e promover o benestar integral das familias da nosa comunidade.

Como explicaba a concelleira de Benestar Social, Tania Álvarez, “A participación das familias é fundamental para facer destas xornadas un éxito, como xa foi o ano pasado.”

Así mesmo Uxía Fernández explicaba a dinámica das xornadas desta edición, “xuntos, exploraremos diversas temáticas relacionadas coa crianza e a convivencia familiar, compartindo experiencias, aprendendo novas ferramentas e reforzando a unión que nos une como familias. Estas Xornadas representan unha oportunidade única para crecer como comunidade, apoiándonos mutuamente no camiño da crianza e o desenvolvemento familiar.”

Programación:

Sábado 4 de maio:

  • 11:00 Inauguración das Xornadas: Contaremos coa presentación a cargo de Tania Álvarez Ayán, concelleira de Benestar Social, e Uxía Fernández Cordeiro, Educadora Familiar.

  • 11:30 Taller de Música, Contos e Danza: Impartido por Getse Valenzuela, mestra especialista en música. Dirixido a nenos e nenas de 2 a 8 anos. Lugar: 2º andar do Fogar dos Maiores. Será precisa inscrición previa.

Venres 10 de maio:

  • 18:00-19:30 Charla “Novos Retos Acompañando Adolescencias”: Con Vanesa Pousada, Psicóloga Xeral Sanitaria, Psicopedagoga e Sexóloga. Lugar: 2º andar do Fogar dos Maiores. Será precisa inscrición previa.

Sábado 11 de maio:

  • 11:00-12:30 Charla “Etapas Evolutivas dos Nenos e das Nenas na Infancia e a Adolescencia”: Impartida por Raquel Penín Devesa, Psicóloga e Psicopedagoga. Lugar: 2º andar do Fogar dos Maiores. Será precisa inscrición previa. Haberá servizo de canguraxe dispoñible.

Domingo 12 de maio:

  • 11:00-13:30 Xincana en Familia: Un percorrido por varios puntos da vila, onde as familias terán que ir superando diferentes retos. Comezo no Xardín do Fogar dos Maiores. Será precisa inscrición previa.

Mércores 15 de maio:

Festa do Día Internacional das Familias:

  • 17:30 Piquenique: ¡Vén merendar en familia! Trae a túa manta e desfruta dunha merenda no Xardín do Fogar dos Maiores.

  • 18:00 Festa das Familias: “Déixalle ao DJ”, espectáculo de teatro e música para toda a familia a cargo de A Run Run, con Eva Tato e Galicia Gutiérrez. Lugar: Xardín do Fogar dos Maiores. Duración: 50 minutos.

Para máis información e inscricións, contactar coas dependencias do Fogar dos Maiores ou chamar ao 988 55 40 59 / 683 61 46 91.