A Escola Infantil de Allariz abre o prazo de solicitude de praza para o vindeiro curso 2020/2021.

Ata o 29 de maio estará aberto o prazo de presentación de solicitudes para as crianzas de 0 a 3 anos.

A información e documentación está dispoñible na web http://www.igualdadebenestar.org/anuncios/anuncio.php?id=947&lg=gal ,  na Escola Infantil, rúa Hospital, nº 27, concertando cita previa no teléfono 988 440 219 ou no 646 437 821, en horario de 09:00h ás 14:00h.

Tamén podes facer a túa consulta no correo electrónico escolainfantil.allariz@igualdadebenestar.org.