O Concello de Allariz, a través da área de deportes, pon a disposición dos nenos e nenas unha ampla variedade de actividades deportivas nas que se inclúe o fútbol e baloncesto, así como piragüismo, natación, e equitación. Para os máis cativos organízase, como é habitual, a escola prep-polideportiva e ademais ofértanse actividades complementarias como pre-fútbol, pre-baloncesto ou pre-natación.

As escolas deportivas, para as que xa está aberto o prazo de inscrición comezarán no vindeiro día 5 de outubro.

Máis información na piscina municipal, no teléfono 988 442 083 ou no correo electrónico piscina@allariz.com. No referente a fútbol e baloncesto, os nenos e nenas interesados deberán informarse e inscribirse no clube correspondente, no Seixo ou no Pavillón municipal.

ESCOLAS 15-16