Os alumnos e alumnas do obradoiro de emprego “Reserva da Biosfera II” están traballando na ampliación da zona de hortos urbanos en Allariz.

Unha vintena de participantes dos catro concellos integrantes, Allariz, A Bola, Taboadela e Vilar de Santos, formaranse, durante nove meses, no sector da xardinaría.  Nestes días encárganse de acondicionar o horto ubicado nas inmediacións da praza Modesto Seara.

Con este, Allariz, conta con tres hortos urbanos e ecolóxicos en diferentes puntos da localidade, O Fuxón, Camiño Lomberte e Rosalía de Castro.