As operadoras de telefonía móbil, Telefónica, Vodafone e Orange, anunciaron que durante esta semana continúan en Allariz co proceso de implantación dos servizos 4G na banda 800MHz para o que ten previsto o acendido dun novo nodo. A nova tecnoloxía permite gozar de conexións móbiles de alta velocidade cunha mellor cobertura interior dos edificios e maior alcance xeográfico.

Para garantir a compatibilidade da nova tecnoloxía coa Televisión Dixital Terrestre (TDT), Llega800 é a entidade posta en marcha polos operadores para solucionar calquera afectación na recepción do sinal de televisión.

Para xestionar estes servizos, púxose á disposición da cidadanía un teléfono de atención gratuíto (900 833 999) e a páxina web www.llega800.es