Música de rúa, mercadiños e moito máis na Semana Santa ao Vivo

Actuacións de rúa ademais de mercados, actividades para nenos e visitas guiadas ao Rexo centran a Semana Santa ao Vivo en Allariz.

A Semana Santa en Allariz, que agarda unha alta ocupación, desenvolverase de xoves a domingo. Nestes días haberá música ambiental nas rúas do casco histórico, protagonizada polos grupos galegos Canela Cafuné, Sofía Espiñeira, Andrea Bauart, Miguel Alonso, Tino e Benjamín e  Beatriz Martínez & Langarika .

O patio do Museo do Coiro acollerá o Mercado de Artesanía no que participan artesáns do coiro, cerámica, pintura, madeira, xoiería ou téxtil, entre outros; o Mercado da Reserva da Biosfera amplía o seu horario o venres e sábado no que os visitantes poderán degustar pratos elaborados en sesións de cociña en vivo e como novidade, o mercadiño do libro vello, no que se exporán e venderán libros e discos de segunda man.

Os nenos e nenas terán unha programación específica, o venres e sábado, coa instalación na Praza Maior , dunha ludoteca con xoguetes populares e tradicionais.

Ademais haberá visitas con degustación no Centro de educación Ambiental o Rexo, visitas guiadas polo Castro de Armea e San Salvador e os museos municipais ampliarán o horario para atender a demanda nestes días.

programa semana santa_Página_1 programa semana santa_Página_2

2017-05-18T20:44:13+02:00jueves, 30/03/2017|ACTUAIS, EVENTOS, NOVAS ALLARIZ|
Ir a Arriba