O Concello de Allariz vén de finalizar as obras do camiño escolar seguro que conecta o campo da barreira co CEIP Padre Feijoo, un proxecto que busca fomentar a mobilidade sostible e a autonomía dos escolares. As obras, que se realizaron en dúas fases no 2022 e neste 2023, consistiron na mellora da accesibilidade, a seguridade e a estética do tramo de 1,2 quilómetros que separa o campo da barreira do centro educativo.

Cristina Cid, rexedora de Allariz destacou que esta actuación cumpre os obxectivos que se marcaron ao inicio do proxecto, entre os que se atopan:

  • Aumentar o porcentaxe de nenos e nenas que acceden a pé ao centro escolar CEIP Padre Feijoo, reducindo así o uso do coche e os seus efectos negativos sobre o medio ambiente e a saúde..

  • Diminuír a idade dos escolares que acceden ao centro solos potenciando así a súa autonomía, a súa confianza e a súa responsabilidade.

  • Mellorar as condicións de accesibilidade, eliminando as barreiras arquitectónicas e creando espazos máis amplos, cómodos e seguros para os peóns.

  • Eliminar os perigos e os riscos de accidentes creados polos coches nas entradas e saídas ao centro educativo, establecendo zonas de aparcamento e de carga e descarga reguladas e separadas do camiño escolar seguro.

  • Mellorar a calidade de vida da cidadanía ofrecendo alternativas de mobilidade, saúde e seguridade, e fomentando a convivencia e a cohesión social entre os veciños e veciñas.

  • Racionalizar as inversións en infraestruturas e servizos de transporte adecuándoas a criterios obxectivos de eficiencia.

  • Facilitar estilos de vida saudables e loitar contra o sedentarismo, favorecendo a actividade física e o benestar psicolóxico dos escolares e das súas familias.

O camiño escolar seguro de Allariz cara ao colexio Padre Feijoo ,remodelación da OU- 0152 é unha iniciativa pioneira na comarca que conta co financiamento de 180000€ de fondos a través do instrumento Europeo de Recuperación «Next Generation EU» no marco da Convocatoria de ayudas para la realización de acciones destinadas a la promoción de estilos de vida saludables a través de la creación o rehabilitación de entornos saludables en el marco del Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia, para a consecución dos obxectivos definidos na Componente 18 «Renovación y ampliación de las capacidades del Sistema Nacional de Salud» Inversión 2 (C18.I2) , achegados pola deputación provincial de Ourense e 105.000 do concello nesta anualidade 2023, a execución consistiu na humanización entre a praza do couto e estrada de Xunqueira, o que supon unha importante mellora de seguridade para os peóns nesa área especialmente para os escolares.

O Concello de Allariz ten previsto rematar o proxecto coa sinalización da ruta e realizando actividades de dinamización e sensibilización sobre o camiño escolar seguro coa colaboración do CEIP Padre Feijoo e das asociacións de pais e nais de alumnos e alumnas.