O Concello de Allariz procederá, a partir do día 3 de febreiro e ata o 3 de abril, ao cobro dos recibos polo imposto de vehículos de tracción mecánica e taxa pola prestación do servizo de recollida do lixo correspondentes ao ano 2020.
As persoas interesadas poden consultar o contido das listas cobratorias na planta baixa da Casa do Concello, en horario de oficina de 9:00h a 14:00h de luns a venres.
Forma de pagamento
– Recibos domiciliados: Quen teña o pago dos recibos domiciliados nun Banco ou Caixa de Aforros recibirá no seu domicilio o correspondente xustificante bancario do seu pagamento.
– Recibos non domiciliados: Os contribuíntes recibirán no seu domicilio os recibos que deberán presentar nalgunha entidade bancaria das que neles se citan. Tamén poderá abonarse o imposto a través de internet na páxina web: www.allariz.com/tributos.
A readación en vía executiva dos recibos non anoados en período voluntario postos ó cobro polo Concello d Allariz desde o día 1 de xaneiro de 2020 será encomendada á Axencia Tributaria de Galicia, conforme ao convenio de colaboración de data 31 de outubro de 2019 asinado entre as dúas administración. Esta colaboración mútua ten por finalidade compartir medios e recursos públicos para acadar unha maior eficacia técnica e administrativa.