Esta mañá a Alcaldesa de Allariz , Cristina Cid a Concelleira de Turismo María López e Adolfo Fernández profesor de arqueoloxía e Vicedecano da Facultade de Historia da Universidade de Vigo presentaron a nova sinalización para a posta en valor con conxunto arqueolóxico de Armea en Allariz.

O proxecto, conta a Concelleira de Turismo , María López , ten por obxectivo crear unha oferta turística no entorno do xacemento da Cibdá de Armea, que sexa complementario o destino turístico de Santa Mariña de Augas Santas, no que os turistas veñen visitando a aldea e a súa igrexa (declarada B.I.C. polo Decreto 03/06/1971) .

Este proxecto recibiu unha axuda da AXENCIA TURISMO DE GALICIA e busca poñer en valor este conxunto de vital importancia para o desenvolvemento turístico da zona.

Para Adolfo Fernández O conxunto arqueolóxico-histórico de Armea constituído por múltiples e importantísimos elementos patrimoniais como son a Cibdá de Armea, o Forno da Santa e a Basílica inacabada da Asunción, nas faldras de dito monte e o xacemento rupestre galaico-romano do Monte do Señoriño. Conforman un espazo arqueolóxico que pode ser básico para coñecer o poboamento antigo desta rexión, dende a Gallaecia Protohistórica ata a Gallicia Medieval pasando polo fundamental hábitat galaico-romano. Este feito outórgalle ó conxunto un lugar case que único en Galicia, xa que son poucos os xacemento con esta riqueza arqueolóxica e potencialidade temporal. Aínda máis, se consideramos a ausencia de construcións contemporáneas que limiten o seu estudio e musealización.

Cristina Cid , Alcaldesa de Allariz, valora o esforzo que dende hai 9 anos ven levando a cabo o Concello de Allariz xunto ca Universidade de Vigo para excavar todos os veráns no xacemento sen axudas de outras administracións e que constitúe un importante recurso turístico para Allariz.

Adolfo Fernández cóntanos os tres tipos de actuacións que inclúe o proxecto:

1º Sinaléctica do Xacemento e contorna:

Delimitación dun percorrido de visita e de paneis explicativos do ben. (Cibdá, Pioucas, Fornos, Monte do Señoriño, petróglifo de Armea, petróglifo da Vacariza, pedra con cacerolas, via romana).

2º Melloras de accesibilidade:

Mediante pasarelas e ramplas de madeira, chanzos para facilitar o paso a algunha estrutura e socalcos para adecuar o paso a todas a zonas do xacemento.

3ºEstablécense tamén unha serie de miradoiros dende os que se contemplan amplas panorámicas en relación á Cibdá:

1. Atalaia sobre o Val de Rabeda

2. Cubelas, no Monte de Armariz, coa Santa de pedra no seu traxecto.

Estes miradoiros dótanse de paneis e bancos para o descanso e quedan asociados a roteiros diferenciados.