O Concello de Allariz realizou o sorteo hoxe pola mañá dos premios da campaña O Peto dos Desexos 2021/2022. Esta campaña ven realizándose nos últimos anos cunha ampla participación.

A Concellería de Promoción Económica foi a encargada de repartir os 4 vales de 250€ cada un ,entre os /as clientes/as do comercio e hostalería de Allariz que xuntaron tíquets das súas compras de Nadal.

As persoas agraciadas co vales son:

  • Mª Noelia Estévez Álvarez

  • Jose María Parada Pérez

  • Patricia Silva Crespo

  • Bernardino Quintáiros Cid

Tamén se extraeron 4 papeletas de reservas por se algún dos premiados ou premiadas non cumpriran as condicións do sorteo.

As persoas premiadas, tanto no Peto dos Desexos como nos Rascas de Allariz disporán de todo o mes de xaneiro para gozar dos seus premios no comercio local.

A concelleira de Promoción Económica,María López, amosase satisfeita pola alta participación no sorteo do Peto dos Desexos así como na campaña dos Rascas de Allariz e quere agradecer as compras no comercio de proximidade.

VIDEO SORTEO PETO DOS DESEXOS 2021/2022