A exposición ” Nós naceu en Ourense hai 100 anos”é unha recompilación de imaxes, ilustracións,textos e datos que conforman unha mostra que resalta a importancia de Ourense e o Grupo Nós na Cultura Galega.
Esta mostra consta de 9 cubos que recollen temáticas referentes ao Grupo e a Revista Nós, ao seu nacemento, desenvolvemento e traballos dos diferentes membros da Xeración Nós.Está situada na Alameda de Allariz dende ou día 4 ata o 20 de xaneiro para que podan desfrutala todos/as os/as alaricanos/as  e visitantes.
A presentación da exposición realizouse hoxe as 12 h no salón de plenos do Concello de Allariz .
 Nela, Maribel Outeiriño (responsable da mostra e impulsora do proxecto) destacou que a Revista Nós” é a unión da curiosidade polo que pasaba no mundo e da paixón por Galicia dos membros da Xeración”.
 Pola súa banda Cristina Cid, Alcaldesa de Allariz, fixo fincapé na universalidade e vangarda doss membros da Xeración e da súa importancia non só para Ourense senón para toda Galicia.
Pepe Alfaro de “La Región” agradeceu  ao concello a acollida da exposición, unha cita nas nosas axendas, ata o día 20 de xaneiro.