O Concello de Allariz vén de anunciar unha serie de melloras significativas nesta instalación deportiva municipal. Esta intervención realizouse durante a primeira semana do ano, para ter a instalación a punto para o 2024, reafirmando o seu compromiso coa saúde e benestar comunitario. Cristina Cid, alcaldesa de Allariz e Carlos Puga, concelleiro de Deportes, visitaron a instalación, comprobando a intervención realizada durante estas melloras.

Renovación da Cuberta da Piscina Climatizada:

Cara á mellora das instalacións , levouse a cabo unha renovación da cuberta da piscina climatizada. Esta actualización non só garante un ambiente máis cómodo e agradable para as persoas usuarias, senón que tamén estende a vida útil da estrutura, contribuíndo á sustentabilidade das instalacións.

En canto á propia piscina abordouse a substitución de duchas e afianzamento das escadas do vaso.

Arranxo e Modernización da Sala de Adestramento:

Levouse a cabo a renovación integral do Ximnasio,que inclúe reparacións,cambio do pavimento, pintura e melloras na disposición del espazo Tamén se acometeron reparacións nun dos vestiarios masculinos.

Renovación da maquinaria de cardio:

Incorporación de 1 maquina de remo, 1 maquina de Ski, 1 bicicleta de cross bike e outra de air bike e 2 cintas de correr que diversifican e melloran as opcións de adestramento dispoñibles para os nosos usuarios e usuarias.

O Concello de Allariz segue traballando en mellorar a calidade de vida e o benestar de todos os alarican@s como prioridade. Estas melloras son parte do compromiso para proporcionar oportunidades por igual a nosa veciñanza para que desfruten dunha vida activa e saudable.

O custe da obra superou os 60.000€ e contou coa colaboración da Deputación de Ourense.